Os ríos
Os ríos son correntes continuas de auga que nacen nas montañas pola acumulación da auga da chuvia ou do desxeo.
Un río está composto de tres partes ou cursos.
Meandros no río Ebro
No
curso
superior,
que é a primeira parte, a auga cae con gran forza e a erosión é
máis forte debido a que normalmente a fonte do río está situada
entre as montañas.
No curso
medio
a inclinación é menor, arrastra materiais e pódense formar
meandros ou curvas.
No curso baixo, que é a terceira fase, o río, normalmente, remata no mar, e deposita os materiais que arrastra desde o nacemento.
Ría de Arousa

Na
desembocadura, un río forma rías
ou estuarios
cando a auga do mar penetra no leito do río e forma deltas
cando os materiais que arrastra se acumulan na desembocadura.

Delta na desembocadura do río Ebro
Outros
elementos
que podemos atopar para describir un río:
*
Nacemento:
orixe do río.
*
Curso:
distancia entre a fonte e a desembocadura.
*
Canle:
cavidade na que a auga flúe.
* Desembocadura:
o espazo por onde o río botan as súas augas.
*
Caudal:
Cantidade de auga que leva o río .
* Réxime:
Variación do caudal ao longo dun ano.
* Corrente:
traslación continua das augas dun río desde o nacemento ata a súa
desembocadura.
*
Leito:
área drenada por un río.
Factores que inflúen nos ríos.
Para comprender por que uns ríos son longos e outros son curtos ou por que uns teñen réxime regular e outros irregular hai que ter en conta dous factores:
O relevo: inflúe na lonxitude e na velocidade das augas dos ríos. Así, os ríos son máis curtos canto máis cerca do mar están as montañas nas que nacen. As augas van rápidamente cando o terreo ten moita pendente.
O clima: inflúe no caudal e no réxime dos ríos. Os ríos que atravesan zonas chuviosas teñen máis caudal e máis constante que os de zonas cálidas como os da cuenca do Mediterráneo.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License