O relevo 6. O relevo insular

A España pertencen dous arquipélagos de illas. Un deles é o das Illas Baleares, situado no mar Mediterráneo. O outro é o das Illas Canarias, situado no océano Atlántico, ao oeste da costa africana.


Relevo das Illas Baleares


As illas Baleares é un arquipélago situado a 80 km ao leste da Península Ibérica, no mar Mediterráneo . As tres illas máis grandes e importantes que compoñen Baleares son
Eivissa, Mallorca e Menorca. Á parte destas tres, hai outras illas de menor tamaño como son Formentera e a Cabreira. No relevo das illas Baleares predominan as zonas chairas e de escasa altitude, exceptuando a serra da Tramontana, situada en Mallorca.


Relevo das Illas Canarias


O arquipélago das Illas Canarias está situado no océano Atlántico norte. Canarias componse de sete illas principais de
orixe volcánica. O relevo das illas é montañoso, cunha importante presenza de volcáns e con costas altas. O máis alto deles é o Teide (3.718 m), situado na illa de Tenerife, sendo tamén o máis alto do territorio español e o terceiro volcán máis grande do mundo dende a súa base.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License