Introdución

 

España forma parte dunha península, a península Ibérica. Polo tanto, está arrodeada de auga por todas as partes (Golfo de Biscaia, Océano Atlántico e Mar Mediterráneo), menos a fronteira montañosa que serve de fronteira con outro país, Francia.

 

España non só ten o seu territorio na península. Tamén ten territorios nas illas (Illas Baleares e Illas Canarias) e no continente africano, que queda ao sur. Nel atópanse dúas cidades autónomas, Ceuta e Melilla, no outro lado do mar.

 

O relevo da Península Ibérica é moi irregular. Hai zonas moi montañosas, outras son bastante planas e altas, e outras están entre montañas, vales anchos, que son chamados depresións ...

 

Queres facer unha viaxe virtual a través de España? Alá imos!


Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License