Obxectivos

  • Aprender que o territorio de España comprende parte da Península Ibérica, as illas Baleares, as illas Canarias, e Ceuta e Melilla.
  • Saber que no centro da Península está a Meseta Central, e que nela se atopan montañas como os Montes de Toledo e o Sistema central, que divide a Meseta en dúas submesetas.
  • Saber que a Meseta está rodeada por catro cordilleiras: os Montes de León, a Cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico e a Serra Morena.
  • Aprender que fóra da Meseta hai dúas grandes depresións, a depresión do Ebro e a depresión do Guadalquivir.
  • Coñecer as montañas exteriores á Meseta: o Macizo Galaico, os Montes Vascos, os Pireneos, o Sistema Costeiro Catalán e os Sistemas Béticos.
  • Coñecer as principais características das costas españolas: a costa atlántica, a costa mediterránea e a costa cantábrica.
  • Coñecer o relevo dos dous grandes arquipélagos de España: as illas Baleares e as illas Canarias.
  • Coñecer o relevo de Galicia.
  • Recoñecer o relevo nun mapa físico.
  • Aprender que os ríos son correntes continuas de auga que desembocan nos mares.
  • Coñecer os principais elementos dun río así como os factores que inflúen nel.
  • Saber que en España hai tres vertentes: cantábrica, mediterránea e atlántica, coñecer as características de cada unha delas e os seus principais ríos.
  • Comprender que as augas da Terra se clasifican en augas subterráneas e augas superficiais, e que estas están formadas pola auga de mares, lagos, lagoas, ríos e encoros
  • Coñecer as augas de Galicia.



 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License