O relevo das illas
A España pertencen dous arquipélagos de illas. Un deles é o das Illas Baleares, situado no mar Mediterráneo. O outro é o d
as Illas Canarias, situado no océano Atlántico, ao oeste da costa africana.
No relevo das Illas Baleares predominan as zonas chairas e de escasa altitude, exceptuando a serra da Tramontana, situada en Mallorca.
O relevo das illas é montañoso, cunha importante presenza de volcáns e con costas altas. O máis alto deles é o Teide (3.718 m), situado na illa de Tenerife, sendo tamén o máis alto do territorio español e o terceiro volcán máis grande do mundo dende a súa base.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License
