O relevo 1. Xeralidades
O relevo de España caracterízase por ser bastante elevado, cunha altitude media de 660 metros, bastante montañoso se o comparamos co resto de países de Europa e só superado por Suíza, Austria e os microestados de Andorra e Liechtenstein. Na España peninsular, o relevo articúlase en torno a unha gran Meseta Central que ocupa a maior parte do centro da Península Ibérica e que ten unha altitude media de 660 metros. Fóra da meseta, está a depresión do río Guadalquivir, situada no sueste da península, e a do río Ebro, no nordés desta
Os sistemas montañosos de España son moi numerosos e ocupan case a metade do territorio nacional. Os Pireneos (no límite nordés) e os Sistemas Béticos (no sueste) son as cordilleiras máis elevadas e sitúanse fóra da Meseta Central. Rodeando esta, está a Cordilleira Cantábrica no norte, o Sistema Ibérico no leste, e Serra Morena no sur. Dentro da Meseta Central está o Sistema Central e os Montes de Toledo.
A España pertencen dous arquipélagos de interese xeográfico: as Illas Baleares, situadas no mar Mediterráneo, cunha latitude similar á de Castela-A Mancha; e as Illas Canarias, sete illas de orixe volcánica situadas no océano Atlántico, próximas á costa do Sahara Occidental. De España tamén son algúns pequenos enclaves costeiros do norte de África: as cidades de Ceuta e Melilla.
A
costa española,
bañada polo Océano
Atlántico,e
os mares Cantábrico
e Mediterráneo,
presenta unha gran diversidade de praias, acantilados e rías. A
costa alta (presenza de acantilados e rasas) e articulada (presenza
de rías e cabos) é a máis predominante no norte e nas Illas
Canarias, mentres que a costa baixa (presenza de praias e calas) é
propia do sur, do Mediterráneo e Baleares.
España
ten gran variedade paisaxística, coa existencia de grandes montañas
e depresións, as montañas poden ser abruptas ou suaves. No relevo
tamén inflúe a forma maciza e pouco articulada da península, as
costas carecen de salientes, teñen elevada altitude media.
Hai un cinto montañoso que rodea a península e dificulta o acceso ao interior.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License