RELEVO E RÍOS DE ESPAÑA E GALICIA
Lembramos
O relevo é o conxunto de formas que ten a superficie da terra. Poden ser de interior (montañas, serras, chairas, depresións…) ou de costa (cabo, baía, península, istmo, golfo…).
No interior de Galicia podemos encontrar montañas, vales e chairas. As montañas son redondeadas e de pouca altitude media. As máis altas atópanse no leste e no sur da comunidade. Os vales son abundantes e, entre eles, destaca o val do Miño.
A costa galega é moi extensa e recortada e nela destacan as rías.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License