O relevo 2. Relevo peninsular
|
Principais picos e montañas de España |
|||
|
|
Nombre |
Cordillera |
Altitud (m) |
|---|---|---|---|
|
01 |
3.718 |
||
|
02 |
3.478 |
||
|
03 |
3.404 |
||
|
04 |
Serra Nevada |
3.392 |
|
|
05 |
Pireneos |
3.375 |
|
|
06 |
Sierra Nevada |
3.366 |
|
|
07 |
Pireneos |
3.355 |
|
|
08 |
Pireneos |
3.350 |
|
|
09 |
Pireneos |
3.328 |
|
|
10 |
Pireneos |
3.309 |
|
|
Fonte: Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional (España) |
|||
A España peninsular ou continental ten unha superficie de 493.458 km² (o 97,53% do territorio nacional) e as súas costas miden un total de 4.600 km aproximadamente. A altitude media é de 660 metros, e a anchura máxima da península é de 1.094 km. No relevo destaca a abundancia de sistemas montañosos, posto que case a metade da superficie é accidentada. A Meseta Central é o elemento principal do relevo porque está situada no centro do país, ocupa unha grande extensión e en torno a ela se articulan as cordilleiras e depresións.
As
cordilleiras
máis elevadas
son as Cordilleiras
Béticas,
os
Pireneos,
a Cordilleira
Cantábrica
e o Sistema
Central.
O Sistema Ibérico, as Cordilleiras Costeiro Catalás, os Montes de
Toledo e Serra Morena conforman zonas de media montaña, as máis
abundantes nas zonas accidentadas. As áreas chairas
compóñenas a Meseta
Central,
a depresión
(ou val) do Ebro
e do Guadalquivir,
e as chairas litorais da costa mediterránea. Os mares que bañan o
litoral español son o Mediterráneo polo nordés, este, sueste e
sur, o Cantábrico polo norte, e o océano Atlántico polo noroeste e
sueste.
O territorio español ademais presenta unha gran diversidade natural e humana, que vén dada pola variedade do relevo e polos contrastes climáticos propiciados por este, que determinan diferentes tipos de vexetación, de augas e de chans. Esta variedade do medio físico supón unha repartición desigual dos recursos naturais no espazo e, por conseguinte, das actividades económicas humanas, dando lugar a unha gran pluralidade de paisaxes humanas.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License