O relevo de Galicia

Icona iDevice

Actividade de lectura: o relevo de Galicia

Galicia é unha comunidade autónoma española. Está situada ao noroeste da península ibérica e formada polas provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, as cales divídense en 315 municipios que se agrupan en 53 comarcas. Xeograficamente, limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Portugal, ao oeste co océano Atlántico e ao leste co Principado de Asturias e coa comunidade de Castela e León (provincias de Zamora e de León).

A Galicia pertencen o arquipélago das illas Cíes, o arquipélago de Ons, e o arquipélago de Sálvora, así como outras illas como Cortegada, Arousa, as Sisargas, ou as Malveiras.


Relevo


Na xeografía galega destaca o contraste entre o relevo costeiro e o do interior, máis elevado que o primeiro.

O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e romas, con multitude de ríos, estruturados como tributarios do río Miño no interior, e nas concas atlántica e cantábrica, ríos máis curtos (en particular os que van ao mar Cantábrico). As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como ocorre nos Canóns do Sil. Noutras zonas aparecen amplos vales, aínda que son minoritarios.

A costa galega conta con 1.500 quilómetros e caracterízase pola presenza das rías.
As rías están tradicionalmente divididas en
Rías Altas (Ribadeo, Foz, Viveiro, Barqueiro, Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Betanzos, A Coruña, Corme e Laxe e Camariñas) e Rías Baixas de maior tamaño, atópanse ao sur de Finisterre como punto máis occidental de Galicia (Corcubión, Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo).


A erosión do océano Atlántico na costa galega tamén contribuíu á presenza de multidud de
cabos entre os que destacan Estaca de Bares (punto máis ao norte de Galicia e a separación entre o océano Atlántico e o mar Cantábrico), cabo Ortegal, cabo Prior, Punta Santo Adrao, cabo Vilán, cabo Touriñán (punto máis occidental de Galicia), cabo Fisterra, considerado polos romanos como o fin do mundo coñecido, e o cabo Silleiro que pecha polo sur a ría de Vigo.



As rías destacan pola súa importante axuda á pesca de Galicia, contribuíndo a que a costa galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo.


As principais cadeas montañosas de Galicia son as serras do Xistral (norte de Lugo), Os Ancares (fronteira con León e Asturias), O Courel (fronteira con León), O Eixo (fronteira entre Orense e Zamora; a 2.124 metros se atopa Pena Trevinca, o teito de Galicia), Macizo de Manzaneda (corazón da provincia de Orense), O Faro (fronteira entre Lugo e Pontevedra), Cova dá Serpe (fronteira Lugo e A Coruña), Montemayor (provincia da Coruña), Montes do Testeiro (entre Pontevedra e Orense), A Peneda, e as do Xurés e O Larouco (fronteira entre Orense e Portugal).



As principais cimas de Galicia son Pena Trevinca (2.127 m), Pena Negra (2.121 m), Pena Surbia (2.095 m) (os tres primeiros están na Sierra do Eixo, Macizo de Pena Trevinca), Alto do Torno (1.944 m) (Sierra Segundeira, Macizo de Pena Trevinca), Mostallar (1.935 m) (Sierra de Ancares), Maluro (1.925 m) (Macizo de Pena Trevinca), Penalonga (1.896 m), Lagos (1.867 m), Corno Maldito (1.858 m), Pena Loura (1.822 m), Tres Bispos (1.798 m) (estes cinco localizados na Sierra de Ancares) e Cabeza de Manzaneda (1.778 m).

 

 



Agora intenta contestar as seguintes preguntas:

Donde está situada Galicia?

Cales son os seus límites?

Como son as montañas galegas?

E os seus ríos?

Son quen de citar o nome de dúas rías altas e de dúas rías baixas?

Que cabo marca a separación entre o mar Cantábrico e o océano Atlántico?

Podo enumerar as illas galegas máis importantes?

Son quen de citar tres ou catro cadeas montañosas de Galicia?

Cales son as principais alturas da nosa comunidade?




Mapa físico de Galicia
Aquí podes atopar os distintos accidentes xeográficos dos que fala a lectura.

 

Icona iDevice

Imaxes do relevo de Galicia

Mostrar Rías altas: Ferrol imaxe
Rías altas: Ferrol
Mostrar Rías baixas: Arousa imaxe
Rías baixas: Arousa
Mostrar Cabo Touriñán imaxe
Cabo Touriñán
Mostrar Cabo Fisterra imaxe
Cabo Fisterra
Mostrar Praia das Catedrais: rías altas imaxe
Praia das Catedrais: rías altas
Mostrar Aquipélago das Cíes imaxe
Aquipélago das Cíes
Mostrar Illa de Arousa imaxe
Illa de Arousa
Mostrar Serra do Caurel imaxe
Serra do Caurel
Mostrar Serra dos Ancares imaxe
Serra dos Ancares
Mostrar Pena Trevinca imaxe
Pena Trevinca
Mostrar Serra do Xistral: nacemento do río Eume imaxe
Serra do Xistral: nacemento do río Eume
Mostrar Canóns do río Sil imaxe
Canóns do río Sil

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License