A tartaruga que quería durmir

Posted by on 1 de Xuño de 2012

A tartaruga que quería durmir

Estivemos traballando na elaboración dun corto de animación en plastilina no marco do proxecto “Nós tamén creamos!”

Nós tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQO editora.

Trátase de pasar de ver curtas en galego… a crealas!
Para esta ocasión eliximos o conto “A tartaruga que quería durmir”

Nós xa o rematamos!!!  Podedes atopalo no espazo infantil da TVG.

Agardamos que vos guste

Se queredes ver como se fixo, aquí tendes un resume.

Leave a Reply