Tempo de magosto

Posted by on 12 de Novembro de 2012

Tempo de magosto

Estamos en tempo de magostos, e as castañas e a festa tamén chegan á escola.

O magosto é unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo. O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas.  Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas.

Os nenos non faltarán o seu divertido costume: collerán un puño de cinza e tisnarán as caras uns a outros, chanza que repetirán logo cos adultos. Entre carreiriñas, berros, tonas de castaña, anacos de chourizo, charlas e grolos irá transcorrendo calma unha noite especial que, doutra volta en torno e lume, tenta irmandar e galego cuns devanceiros es que segue unido polo vencello da tradición.

Temos preparado un montón de actividades e recursos para facermos na escola, pero tamén para que podades facer na casa. Accedede ao noso escritorio virtual do magosto e que comeze a festa!!!

Leave a Reply