Así foi o noso magosto

Posted by on 18 de Novembro de 2012 in NaEscola, Os nosos vídeos, slider | 1 comment

Así foi o noso magosto

Chegou o castañeiro e montou o tenderete no patio do cole, por alí pasamos todos buscando a mellor maneira de encher a barrigola un día como hoxe, fartámonos de comer castañas e celebramos o magosto facendo cola para cubrir as nosas bonitas caras de cinza. Queres ver o vídeo con máis calidade?   Share the video Facebook Twitter Google+ EmailEmbedCopy and paste this HTML code into your webpage to...

Read More

O peite do vento

Posted by on 7 de Novembro de 2012 in NaEscola | 0 comments

O peite do vento

Estivemos contemplando e analizando na clase “El Peine del Viento”. Gústounos moito este conxunto de esculturas de Eduardo Chillida (1924-2002) que están situadas nun extremo da bahía da Concha, ao final da praia de Ondarreta, en San Sebastián, incrustadas nas rocas a modo de pedestal. Pertencían a unha serie que o escultor vasco comezou en 1952 e que conseguiu materializar 25 anos máis tarde, en colaboración do arquitecto Luís Pena Ganchegui. O sentimento cara á natureza e o coñecemento en profundidade deste lugar, leváronlle a crear as...

Read More

As nenas de segundo son aterradoras

Posted by on 4 de Novembro de 2012 in NaCasa, Os nosos vídeos | 1 comment

As nenas de segundo son aterradoras

Alex estivo a preparar na casa esta “aterradora” canción e logo, formando o Dúo Alex, tivemos o pracer de escoitalas na escola. Agora, en primicia para todos e todas vós, témolas gravadas en vídeo. Espero que vos guste tanto como a nós.         Share the video Facebook Twitter Google+ EmailEmbedCopy and paste this HTML code into your webpage to...

Read More

Chegou o Samaín

Posted by on 31 de Outubro de 2012 in Galerías fotograficas, NaEscola | 1 comment

Chegou o Samaín

Os nenos e nenas da escola trouxeron centos de cabazas para a exposición deste ano. Aquí tendes as que aportamos dende a nosa aula.                   Que Medo!!!”   Galerías O Samain na escola...

Read More

A tartaruga que quería durmir

Posted by on 1 de Xuño de 2012 in NaEscola, Os nosos vídeos, slider | 0 comments

A tartaruga que quería durmir

Estivemos traballando na elaboración dun corto de animación en plastilina no marco do proxecto “Nós tamén creamos!” Nós tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQO editora. Trátase de pasar de ver curtas en galego… a crealas! Para esta ocasión eliximos o conto “A tartaruga que quería durmir” Nós xa o rematamos!!!  Podedes atopalo no espazo infantil da TVG. Agardamos que vos guste Se queredes ver...

Read More