Tempo de magosto

Posted by on 12 de Novembro de 2012 in NaEscola, Os nosos vídeos, Recursos, slider | 0 comments

Tempo de magosto

Estamos en tempo de magostos, e as castañas e a festa tamén chegan á escola. O magosto é unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo. O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas.  Era costume que as mozas trouxeran as...

Read More

Polo San Martiño, peóns ao camiño

Posted by on 3 de Novembro de 2012 in NaEscola, slider | 0 comments

Polo San Martiño, peóns ao camiño

Por oitavo ano consecutivo, dende Brinquedia promóvese no territorio galego a celebración do Día do Peón baixo o lema Polo San Martiño, peóns ao camiño. Dicía Suso de Toro: “Traballar todo o ano cansa, traballar un día e mais outro na mesma cousa é aborrecido. Así e todo hai días nos que o traballador ten o corpo golfo e quere brincar, eses días fabrica cousas para a alegría. Estes días pasados os ferreiros que fan ferramentas e os carpinteiros que amoblan as casas deixaron estar os traballos e armaron animaliños de madeira con punta de ferro. Son bichiños viradores.”  ...

Read More

Chegou o Samaín

Posted by on 31 de Outubro de 2012 in Galerías fotograficas, NaEscola | 1 comment

Chegou o Samaín

Os nenos e nenas da escola trouxeron centos de cabazas para a exposición deste ano. Aquí tendes as que aportamos dende a nosa aula.                   Que Medo!!!”   Galerías O Samain na escola...

Read More