Achégase o día das letras

Posted by on 26 de Abril de 2013 in NaEscola, slider | 0 comments

Achégase o día das letras

A piques de rematar o mes de abril, e xa hai primavera, e maio arrecende a teatro, a cultura. Este ano o día das letras galegas adícase a Roberto Vidal Bolaño, e como non podía ser doutro xeito no cole faremos algunha actividade para achegármonos á este compostelán que deixou unha grandiosa obra dramática e un compromiso humano e vital inesquecibles.   Roberto Vidal Bolaño sobre si mesmo: Eu son un home…un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do...

Read More

Achégase o Nadal

Posted by on 20 de Decembro de 2012 in NaEscola, slider | 0 comments

Achégase o Nadal

O Apalpador e os reis Magos están de camiño, namentras nós  estamos moi atarefados coas actividades vencelladas a estas festas. O Nadal ten un algo especial, a ilusión e os nervos palpánse na aula. Para atallalos estivemos a facer as nosas postais de Nadal e unha árbore para decorar a entrada á aula. Agora estamos a montar unha pequena vila de nadal con persoaxes de plastilina, mesmo está Don Isaac,… pronto veredes o resultado. Deixamos unha ligazón ao escritorio virtual de O Nadal cun feixe de actividades e propostas para en-redar na internet. Podemos atopar xogos, contos e cantos de...

Read More

Tempo de magosto

Posted by on 12 de Novembro de 2012 in NaEscola, Os nosos vídeos, Recursos, slider | 0 comments

Tempo de magosto

Estamos en tempo de magostos, e as castañas e a festa tamén chegan á escola. O magosto é unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo. O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas.  Era costume que as mozas trouxeran as...

Read More

Chegou o Samaín

Posted by on 31 de Outubro de 2012 in Galerías fotograficas, NaEscola | 1 comment

Chegou o Samaín

Os nenos e nenas da escola trouxeron centos de cabazas para a exposición deste ano. Aquí tendes as que aportamos dende a nosa aula.                   Que Medo!!!”   Galerías O Samain na escola...

Read More

Samain 2011

Posted by on 1 de Novembro de 2011 in NaEscola, Os nosos vídeos | 0 comments

Samain 2011

Xoán Xosé Pérez Labaca dicía que “… é moi habitual polas vésperas do Día de Defuntos coller cabazas … e facer con elas caras aterradoras cuns ollos e unha nariz aertos e colocabndo uns pauciños, como dentes, na feroz boca aberta, ás que se lle poñía dentro acendido un cabo dunha vela” (Fonte: Galipedia). Aquí deixamos o álbum completo coas 243 cabazas.      ...

Read More