Polo San Martiño, peóns ao camiño

Posted by on 3 de Novembro de 2012

Polo San Martiño, peóns ao camiño

Por oitavo ano consecutivo, dende Brinquedia promóvese no territorio galego a celebración do Día do Peón baixo o lema Polo San Martiño, peóns ao camiño.

Dicía Suso de Toro: “Traballar todo o ano cansa, traballar un día e mais outro na mesma cousa é aborrecido. Así e todo hai días nos que o traballador ten o corpo golfo e quere brincar, eses días fabrica cousas para a alegría. Estes días pasados os ferreiros que fan ferramentas e os carpinteiros que amoblan as casas deixaron estar os traballos e armaron animaliños de madeira con punta de ferro.
Son bichiños viradores.”

 

Baila, bailarín, baila,

Danza, salta, o meu peón,

Brinca a miña buxaina

O meu trompo toleirón

Leave a Reply