Achégase o Nadal

Posted by on 20 de Decembro de 2012

Achégase o Nadal

O Apalpador e os reis Magos están de camiño, namentras nós  estamos moi atarefados coas actividades vencelladas a estas festas. O Nadal ten un algo especial, a ilusión e os nervos palpánse na aula. Para atallalos estivemos a facer as nosas postais de Nadal e unha árbore para decorar a entrada á aula.

Agora estamos a montar unha pequena vila de nadal con persoaxes de plastilina, mesmo está Don Isaac,… pronto veredes o resultado. Deixamos unha ligazón ao escritorio virtual de O Nadal cun feixe de actividades e propostas para en-redar na internet. Podemos atopar xogos, contos e cantos de nadal, dos reis e do apalpador, modelos de cartas, recetas, vídeos,… Disfrutádeo.

Leave a Reply