
Hoxe é o día das nosas letras. Na clase levamos días achegándonos á obra de Roberto Vidal Bolaño, figura que homenxeamos neste ano 2013.
Onte tiñamos preparada unha actividade de centro, pero coa chuvia tivémola que aparcar ata a vindeira semana, pero non importa, porque a lingua seguirá existindo a vindeira semana e nós querémola celebrar todos os días. Porque amamos a nosa lingua.
Sentimos a nosa lingua como no manifesto de Queremos Galego, sentimos …
“Unha lingua coa que se pode facer ciencia e cantar, unha lingua na que podemos escribir fermosos versos, libros de matemáticas ou facturas de servizos que empregamos. A nosa lingua. Falémola, amémola, respectémola, defendámola”.
Deixovos aquí un video para pensarmos sobre a nosa lingua, e se cadra …