NaEscola

Un mundo de cousas para vos contar

Fin de curso.

Posted by on 23 de Xullo de 2013 in Cousas da Lingua, NaEscola, slider | 0 comments

Fin de curso.

Isto rematou, e tal como vos comentara a finais de curso. Subimos as imaxes das últimas andainas deste curso para que as poidades descargar. Lémbrovos que debedes acceder desde a sección de recursos, enredos e descargas, e logo de introducir o nome de usuario e contrasinal que vos enviara no seu día xa podedes descargar as fotos ou as carpetas na súa totalidade. Se tendes calquera problema non dubidedes en poñervos en contacto conmigo. “Finalmente Roberto Vidl Bolaño, acompañounos ata xa final de curso, cousas do tempo, do mal tempo que agora parece que xa esquecimos,… pero aquí...

Read More

Hoxe é un día grande.

Posted by on 17 de Maio de 2013 in Cousas da Lingua, NaEscola, slider | 0 comments

Hoxe é un día grande.

Hoxe é o día das nosas letras. Na clase levamos días achegándonos á obra de Roberto Vidal Bolaño, figura que homenxeamos neste ano 2013. Onte tiñamos preparada unha actividade de centro, pero coa chuvia tivémola que aparcar ata a vindeira semana, pero non importa, porque a lingua seguirá existindo a vindeira semana e nós querémola celebrar todos os días. Porque amamos a nosa lingua. Sentimos a nosa lingua como no manifesto de Queremos Galego, sentimos … “Unha lingua coa que se pode facer ciencia e cantar, unha lingua na que podemos escribir fermosos versos, libros de matemáticas...

Read More

Achégase o día das letras

Posted by on 26 de Abril de 2013 in NaEscola, slider | 0 comments

Achégase o día das letras

A piques de rematar o mes de abril, e xa hai primavera, e maio arrecende a teatro, a cultura. Este ano o día das letras galegas adícase a Roberto Vidal Bolaño, e como non podía ser doutro xeito no cole faremos algunha actividade para achegármonos á este compostelán que deixou unha grandiosa obra dramática e un compromiso humano e vital inesquecibles.   Roberto Vidal Bolaño sobre si mesmo: Eu son un home…un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do...

Read More

Achégase o Nadal

Posted by on 20 de Decembro de 2012 in NaEscola, slider | 0 comments

Achégase o Nadal

O Apalpador e os reis Magos están de camiño, namentras nós  estamos moi atarefados coas actividades vencelladas a estas festas. O Nadal ten un algo especial, a ilusión e os nervos palpánse na aula. Para atallalos estivemos a facer as nosas postais de Nadal e unha árbore para decorar a entrada á aula. Agora estamos a montar unha pequena vila de nadal con persoaxes de plastilina, mesmo está Don Isaac,… pronto veredes o resultado. Deixamos unha ligazón ao escritorio virtual de O Nadal cun feixe de actividades e propostas para en-redar na internet. Podemos atopar xogos, contos e cantos de...

Read More

Así foi o noso magosto

Posted by on 18 de Novembro de 2012 in NaEscola, Os nosos vídeos, slider | 1 comment

Así foi o noso magosto

Chegou o castañeiro e montou o tenderete no patio do cole, por alí pasamos todos buscando a mellor maneira de encher a barrigola un día como hoxe, fartámonos de comer castañas e celebramos o magosto facendo cola para cubrir as nosas bonitas caras de cinza. Queres ver o vídeo con máis calidade?   Share the video Facebook Twitter Google+ EmailEmbedCopy and paste this HTML code into your webpage to...

Read More

Tempo de magosto

Posted by on 12 de Novembro de 2012 in NaEscola, Os nosos vídeos, Recursos, slider | 0 comments

Tempo de magosto

Estamos en tempo de magostos, e as castañas e a festa tamén chegan á escola. O magosto é unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo. O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas.  Era costume que as mozas trouxeran as...

Read More