Achégase o día das letras

Posted by on 26 de Abril de 2013

Achégase o día das letras

A piques de rematar o mes de abril, e xa hai primavera, e maio arrecende a teatro, a cultura.

Este ano o día das letras galegas adícase a Roberto Vidal Bolaño, e como non podía ser doutro xeito no cole faremos algunha actividade para achegármonos á este compostelán que deixou unha grandiosa obra dramática e un compromiso humano e vital inesquecibles.

 

Roberto Vidal Bolaño sobre si mesmo:

Eu son un home…un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas.

Deixamos unha ligazón ao escritorio virtual de O Nadal cun feixe de actividades e propostas para en-redar na internet. Podemos atopar xogos, información, vídeos,… Disfrutádeo.

Leave a Reply